𝐎 𝐟𝐮𝐭𝐮𝐫𝐨 𝐝𝐮𝐧 𝐥𝐞𝐠𝐚𝐝𝐨. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG. 🫴 Seguimos a traballar no encontro que celebraremos o sábado, 1 de xuño. Unha xornada para pensar xuntas sobre os procesos, a situación e as perspectivas do #asociacionismo.
🧠 Ao igual que facía o #SEG, tamén nós organizaremos o traballo en Seccións: #Arte e #Literatura, #Filoloxía, #Historia, #Arqueoloxía e Historia da Arte, #Xeografía, #Etnografía e #Folclore, #Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e #Pedagoxía.
Se sodes dunha asociación que traballe en investigación e divulgación do noso patrimonio etnográfico, histórico, científico, lingüístico... e queredes participar, enviádenos un correo a [email protected] e porémonos en contacto! @CulturaXunta @Depucoruna @PazodeRaxoi