🗣️ Rematamos a semana dende un lugar ben especial. A coñecida como Casa dos Fornos, nas Burgas, pódese considerar o corazón ♥️ da antiga cidade romana de #Ourense.
☑️ Entre os moitos achados arqueolóxicos documentados nesta zona, atopáronse unha serie de aras votivas adicadas ao deus galaico Revve Anabaraego.
☑️ Unha intervención arqueolóxica ⛏️ descubriu unha piscina ritual posiblemente relacionada con esta divinidade prerromana.
☑️ O nome deste deus, que se seguiu adorando trala conquista, interprétase co significado de lugar onde ferve ou agurgulla a auga ♨️.
✅ Piscina ritual do século I d.C. e a súa reforma do século II nas #Burgas.
✅ Aras ao deus Revve Anabaraego das Burgas na Sala dos Fondos Pétreos do #Musarq #Ourense no #PACC #Lansbrica