🗣️ Moitas veces, os obxectos🏺gardan máis información da que podemos ver a simple vista 👀. É o caso de pezas de arxila como as tégulas ou tellas de época ®️omana.
☑️ Ademáis do interese que teñen en se mesmas como material de contrución , poden gardar datos sobre os artesáns ou obradoiros que as produciron. ☑️ As coñecidas como marcas de alfareiro tiñan en orixe unha función eminentemente práctica.
Empregábanse en esencia para levar a contabilidade 📜 das pezas realizadas por cada obradoiro ou artesán e para indicar a súa autoría🖌️.
☑️ Na actualidade, para a investigación arqueolóxica, estes signos sobre a arxila serven de gran axuda para interpretar os fragmentos de alfarería e, ademais, para localizar aos individuos que se adicaban a fabricalas, para saber onde traballaron e ata onde chegaron as súas pezas
➡️ Tégula romana con marca de alfareiro atopada no Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé 😍 #Ourense, na #Exposición estable do #PACC #Lansbrica