Hoxe arranca unha nova semana de cine na #FilmotecadeGalicia. Apunta! 👀
🔹 Comezamos esta tarde cunha nova xoia restaurada dentro do ciclo 𝑪𝒊𝒏𝒆𝒎𝒂, 𝒓𝒆𝒙𝒊𝒔𝒕𝒓𝒐 𝒗𝒊𝒗𝒐 𝒅𝒂 𝒏𝒐𝒔𝒂 𝒎𝒆𝒎𝒐𝒓𝒊𝒂, a fita 𝑸𝒖𝒊𝒛á 𝒎𝒂ñ𝒂𝒏𝒂 pola que a directora húngara Judit Elek, sobrevivente do Holocausto, recibiu o FIPRESCI en Locarno no 78.
🔹 Na sección 𝑭ó𝒓𝒂 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒓𝒊𝒆, veremos 𝑺𝒑𝒍𝒆𝒏𝒅𝒊𝒅 𝑯𝒐𝒕𝒆𝒍: 𝑹𝒊𝒎𝒃𝒂𝒖𝒅 𝒆𝒏 Á𝒇𝒓𝒊𝒄𝒂, o particularísimo filme biográfico no que o director Pedro Aguilera nos leva aos anos escuros do poeta maldito convertido en traficante de armas no Corno de África.
🔹 O xoves retomamos a viaxe ao interior do arquivo da #Filmoteca para coñecer dúas obras do cineasta José Ernesto Díaz-Noriega, que narrou a voda do seu fillo en 𝑬𝒍 𝒂𝒏𝒊𝒍𝒍𝒐, e filmou a súa película máis reputada a partir do encargo dun amigo seu en 𝑶𝒔 𝑺𝒖𝒆𝒗𝒐𝒔.
🔹 Billy Wilder levaranos á 𝑷𝒆𝒓𝒅𝒊𝒄𝒊ó𝒏 o venres despois da presentación do libro 📙 𝑪𝒍á𝒔𝒊𝒄𝒐𝒔 𝒅𝒆𝒍 𝒄𝒊𝒏𝒆 𝒋𝒖𝒓í𝒅𝒊𝒄𝒐, de Pablo Fernández Carballo-Calero e Guillermo José Velasco Fabra (dirs.).