Nun mundo audiovisual no que a maioría das películas nacen entre números, estratexias e táboas de excel existen pequenos milagres como 'Aurora'. Un traballo que naceu dende o amor e a sensibilidade de Area Erina, sen máis pretensións, e que puidemos amosar no @festivalmalaga.
Se xa de por si, é algo que nos fixo inmensamente felices, vivir este momento e compartilo coa xente que máis queremos é o mellor dos premios. Area, Morris e Alberto xa forman parte dende hai tempo da familia Gaitafilmes, a piques de mercar unha parcela en Meira. Todo se andará!
Grazas Málaga 🩷. Grazas @CulturaXunta e @crtvg por apoiarnos 🩷. E grazas aos compañeiros do audiovisual galego que tamén estivestes por alá 🩷. Noraboa por levar o cinema galego tan alto. Temos que estar ben orgullosos!